Facemos pan na Escola

O día 20 de Novembro se celebra o Día Universal dos Nen@s, e como vos comentamos na aula estivemos a traballar esta Día durante toda a semana. Nós este ano, mais que nunca queremos reinvindicar o Dereito da Infancia a vivir, convivir e crecer no rural e a que se recoñeza a riqueza que esto ten. Por elo as actividades estiveron relacionadas ca natureza e o traballo cas mans.

Os nenos levan para casa un par de cousiñas:

Un farolillo: esta actividade está baseada na Pedagoxía Waldorf a cal lle da un peso importante a conexión ca natureza e a visibilizar os cambios que ela marca. Faise xa que o chegar o mes de novembro as sementes das árbores se enterran na terra para descansar e tamén porque as horas de luz solar son menores e polo tanto a escuridade dura mais horas no día. Este farolillo axudará a ser conscentes de que a iluminación exterior é menor.

Pan: O pan ten moita importancia na alimentación da nosa Terra. É o producto final da colleita dos cereais. Antes se facía pan no forno común e esto servía para encontrarse e compartir momentos especiais. Podemosvos dicir que foi tamén un momento especial na escola.

Temos que dicir que aínda que algún neno ou algunha nena non poda participar nas actividades, si que vive a emoción de ver facelas, e cando esté preparado ou preparada se unirá.

Categorías: Vivencias de aula

0 Comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará