

Nesta actividade partimos de elementos naturais do entorno (ramas, follas, piñas, espigas de millo…) para crear pinceis non convencionais e levar a cabo as nosas creación.
Esta selección de materiais propios do outono unido a pintura de dedos permítenos experimentar cos sentidos: as diferentes texturas dos materiais, as cores, a sensación que nos producen os materiais ao desprazarse polo papel (non todos se deslizan do mesmo xeito nin coa mesma fluidez)…
Esta proposta ademais de manipular os elementos que nos aporta a natureza, tamén desenvolve a psicomotricidade fina, a coordinación de movementos, a creatividade e a imaxinación, espertando o sentido artístico e creador.
Como resultado plasmamos formas e trazos moi distintos xa que non todos os materiais son iguais e polo tanto os trazos tampouco, podemos observar como os paus crean liñas mais regulares e finas, as follas orixinan trazos suaves e variables ou as ramas de pino producen varios trazos a vez.
Os cativos/as desfrutaron con esta actividade na que de forma espontánea se incorporou o corpo como medio de expresión: rematamos pintando coas mans. Esta modificación da actividade por parte dos nenos propiciou unha experimentación máis próxima coa pintura de dedos e as sensacións que nos transmite a súa manipulación directa.
0 Comentarios