Horario

  • Luns a venres.
  • De 8:00h a 16:00h.

Normativa

O PAI conta co Proxecto educativo, regulamento de réxime interior e programación adaptada ó alumnado do centro.

Servizos

Dende o PAI queremos que os nenos e nenas sintan o espazo como unha segunda casa. Por iso, contamos con diferentes momentos de entrada.

O PAI abre as súas portas as 8 da mañá para acoller os nenos e nenas que chegan cedo. Neste momento poderán almorzar e se o requiren descansar outro pouquiño ata que cheguen os demais.

Logo teremos o tempo de actividade e xogo espontáneo. Un tempo onde cada neno e nena poderá descubrir o seu ritmo novas experiencias. Este tempo conta tamén coa saída a zona exterior do PAI.

Xa de volta, e despois de asearnos, chegará o momento da comida, para aqueles que se queden a comer, ou da hora da recollida para os que van para a casiña.

Unha vez rematemos toca a hora de ir durmir, para levantarse con enerxía cando cheguen as súas familias

Instalacións

O PAI conta con:

  • Aula.
  • Sala de descanso.
  • Zona de comedor.
  • Baño.
  • Recibidor.
  • Zona exterior.

Calendario escolar