

Aproveitando o patio exterior, o cal constitúe o noso pequeno espazo natural e de relación co entorno, hoxe fixemos recolecta de follas do outono.
O patio é un espazo prioritario da escola o cal lle damos suma importancia e polo cal sentimos unha gran estima. Considerámolo vital no desenvolvemento e crecemento dos cativos por iso queremos que forme parta da nosa programación xa sexa mediante o xogo libre ou con propostas de actividades como esta.
Neste caso o obxectivo era identificar os cambios producidos por esta nova estación que nos acompaña, cambios que podemos observar a través da paisaxe, do clima ou dos animais que nos rodean.
O grupo pasou unha maña moi entretida buscando e carrexando follas secas que se desprenderan das árbores xunto con outro tipo de materiais como ramas, pedriñas ou a mesma herba. Foi un traballo conxunto onde colaboramos todos/as dando valor a esa unidade e o traballo en equipo. Esforzámonos moito en encher a nosas carretillas de follas para logo baleiralas e volver a encher, facer montóns de follas ou xogar con elas. Dende logo, esprememos ao máximo a actividade e o tempo de patio.
0 Comentarios