Outra casa para as crianzas de 0 a 3 anos.

Horario

Luns a Venres, de 08:00 a 16:00

Onde estamos

Rúa de Celanova, 13
32650 Vilar de Santos (Ourense)

Contacta connosco

+34 988 447 109
escolainfantil@vilardesantos.com

Coñece a nosa escola!

A coidamos tanto como aos nosos meniños.

Principios fundamentais da Escola

Esta é a nosa metodoloxía de traballo: na que cremos, e a que poñemos en práctica na Escola Infantil de Vilar de Santos.
Preme nas imaxes para ampliar a información.

Os nosos obxectivos

O obxectivo fundamental que perseguimos é ofrecer outra casa as crianzas de 0 a 3 anos. Un lugar onde se creen os vínculos afectivos necesarios para que poidan desenvolverse con confianza e seguridade. Os obxectivos xerais son:

Estimular o desenvolvemento das capacidades intelectuais, motrices, sociais e emocionais das crianzas.

Potenciar a creatividade, o interese e a curiosidade por descubrir.

Garantir a súa seguridade e cubrir as súas necesidades básicas.

Transmitir, a través das diferentes actividades do cotiá, uns hábitos que lles permitan conseguir autonomía, seguridade. E lle faciliten a adquisición de novos aprendizaxes no seu proceso de desenvolvemento persoal.

Proporcionar un espazo onde poidan descubrir cada un e cada unha ao seu ritmo novas aprendizaxes.

Potenciar a convivencia, favorecendo a igualdade entre persoas de diferentes culturas, sexos e capacidades físicas e psíquicas.

  • Escola Infantil gratuíta no curso 2022/2023, no marco da ORDE do 22 de xullo de 2022 (DOG núm. 147). Prezo bonificado ao 100% pola Xunta de Galicia.

Contacto

Onde estamos

Rúa de Celanova, 13, 32650 Vilar de Santos, Ourense.

Contacta connosco

Tel.: 988 44 71 09
Email: escolainfantil@vilardesantos.com