O PAI de Vilar de Santos ten como principios fundamentais: 

1.- Aprendizaxe individualizado: 

Dende o PAI sabemos da importancia da individualidadede cada neno e nena. Do acompañemento as necesidades de cada persoa.  

Por iso, dende o primer momento, no momento da chegada, no período de acollemento na escola, lle porporcionamos un espazo físico e emocional que acolla a súa individualidade.   

Máis adiante unha vez, sexamos referentes de apego (baseándonos na teoría de apego de Bowlby) para os nenos, comenzamos cas propostas de actividades educativas. Tendo presente para elo o momento evolutivo no que estén os nenos.  

Para levar a cabo estas propostas utilizaremos a observación diaria na aula e os cambios no entorno próximo que serán o eixe da programación e contribuirán ó aprendizaxe significativo dos contidos. Un exemplo significativo para a nosa comarca é as propostas do Entroido.

2.- Movemento libre: 

Nestes primeiros anos de vida os nenos necesitan moverse con liberdade para coñecer así as posibilidades do seu corpo, para desenrolarse física e socialmente. Basándonos na pedagoxía Pikler e na psicomotricidade vivenciada de B. Aucouturier acompañamos aos nenos e nenas facilitando recursos e materiais para deixar libertade. E polo tanto, permitindo maior autonomía dos nenos.

3.- Entornos preparados:  

Contar con espazos preparados según as necesidades dos nenos é unha das nosas máximas por iso, tendo en conta a referentes como Rebeca e Mauricio Wild e as pedagoxías de Reggio Emilio, Pikler e Montessori, os espazos dentro da escola están baseados no desenrolo evolutivo dos nenos. 

Nesta línea atópase unha da proposta que levamos a cabo habitualmente e que corresponde coas instalacións de xogo, baseadas no mestre Javier Abad.

4.- Colaboración:  

Neste punto destacamos a colaboración coa familia e ademáis a colaboración con outros proxectos ou doutras persoas da nosa contorna. 

  • Colaboración coas familias: A importancia desta colaboración, ademáis de recollela na lei, é prioritaria para o PAI. Xa que somos conscientes que todas as persoas que colaboran na crianza dos nenos e nenas deben remar no mesmo sentido. Con esta idea de colaboración real, e de tender pontes para o crecemento dos nenos, as familias forman comunidade educativa no centro participando nas actividades.  
  • Colaboración con outros proxectos: Dende a escola sabemos da importancia de que os nenos se podan relacionar con outras persoas, da riqueza persoal e cultural que este tipo de colaboración lles aporta. Por elo, se desenrolan actividades co Centro de Día de Vilar de Santos, onde as personas maiores, que tanta sabiduría teñen, tantos coñecementos da nosa cultura, do noso entorno, llas transmiten ós nenos. 
  • Colaboración ca veciñanza da comarca: Contar ca colaboración das persoas da zona, dos coñecementos, das súa experiencia fai que o PAI se enriquezca todavía máis.  

5.- Contacto co entorno:  

Queremos que o entorno próximo do PAI sexa un entorno coñecido para os nosos nenos, por eso estamos atentas dos cambios que se van producindo para levalos ao PAI. 

Ademais, contamos con unha zona exterior, unha zona especialmente importante xa que somos conscentes e defensoras dos beneficios deste entorno para os nenos. Somos conscentes da importancia no desenrolo infantil e da riqueza que lles aporta as persoas. Para elo, temos como referentes experiencias doutros países e mesmos en España de bosque-escola, e contando como pedagogos de cabeceira a Katia Hueso e Heike Freire. 

Para saír a este espazo do PAI contamos con roupa axeitada que lles permite experimentar con libertade e seguridade. Os nenos teñen contacto todos os días ca natureza e disfrutan do entorno o aire libre.

6.- Xogo espontáneo: 

A pesar que o pomos no último lugar de esta lista, é o máis importante dentro do PAI, para a infancia.  

O xogo, como ben din pedagogos como Francesco Tonucci ou mestras como Gema Cotallo, é o traballo máis importante da infancia. É onde os nenos experimentan todas as facetas da súa vida, tanto persoal como para iniciarse na relación cos seus iguais. A través do xogo descobren moitos conceptos novos: grande/pequeno, lixeiro/pesado, as diferentes cores,…. E o máis importante experimentan as relacións cos seus iguales: empezan a darse conta que queren algo que ten outro neno ou nena, que precisan de outro neno para levantar algo pesado, … xogan con posibles situación da vida.