
Na escola somos partidarias de pór en valor a historia dos nosos ancestros, as suas vivenzas e a sua aportación o noso entorno próximo. Ser coñecedores e coñecedoras delas será o que nos arraigue a nosa Terra, será o que fará que busquemos a mellora dela e a sua defensa.
Agradecer o que os nosos fixeron antes é importante no crecemento.
Grazas a todas as familias por contarnos as marabillosas andanzas dos avós e bisavós das crianzas. Poder recuperar esas tradición oral de contar historias, de transmitilas oralmente, de que nos cheguen coa emoción da persoa que a conta, é importante para a nosa escola.
0 Comentarios