Este ano as crianzas da escola levaron para a casa un marcapáxinas creado con moito agarimo.

A eles e elas encántalle pintar de maneira espontánea no rincón que temos de arte. Por elo, as educadoras pensamos en recortar un anaquiño desa creatividade para que acompañase as súas familias nas lecturas. A eso sumaríaselle uns gomets que tanto lles gusta despegar e pegar (con este material están traballando a pinza) e por último quixemos pegar o trébol (somos afortunadas e contamos con moitos o arredor do centro).

O resultado un marcapáxinas feito con agarimo, entusiasmo e creatividade.

Categorías: Vivencias de aula

0 Comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará