O Día das Letras Galegas é ese día onde na Galiza se festexa a Nosa Lingua, a riqueza patrimonial falada que temos.
Cada persoa galega ten polo menos unha palabra en galego que lle fai brillar inda máis os ollos, e por suposto latexar mais rápido o corazón.
Nesta ocasión a escola encheuse cas palabras que as familias lle producen este sentimento. Trouxéronos unha vez mais a sua ledicia a nosa rutina.
Aquí unha mostra do traballo das crianzas pintando a bandeira e pegando esas palabras tan nosas.
E para ti que nos estás lendo, ¿cal é a túa palabra preferida?
0 Comentarios