As nosas actividades están baseadas nos principios fundamentais da Escola.

Pintura con patacas
Vendima
Diferentes capacidades e xogos con piñas
Millo
Mesa de outono: elementos
Mesa de outono
Manipulación de diferentes elementos (diferentes formas e tamaños)
Xogo espontáneo
Interese polo natural, por descubrir elementos novos
Máxima concentración

Celebración de festas tradicionais

Dende a escola valoramos a importancia das nosas tradicións ancentrais, de que as crianzas pouco a pouco vaian coñecendo as nosas costumes, as nosas lendas, as nosas festas e tradicións. Por iso, para todas as crianzas que así o queiran lle ofrecemos poder disfrazarse no Samaín e celebrar esta festa Celta tan galega.

(as crianzas, nestas idades son puro movemento, por iso as fotos en ocasións, non chegan a tempo).

Colaboracións con entidades locais e a veciñanza

Celebracións de días sinalados

Animais nocturnos

Conteo de elementos da cara dos monstros

Crepes monstruosas

Actividade Día da Infancia

Resultado do mural

Cociña

Galletas
Pizzas monstruosas

Actividade de luces e sombras

Paso da Volta Ciclista por Vilar de Santos

Colaboración do mes de decembro para os adornos das rúas de Vilar de Santos

Neste mes as crianzas colaboramos na realización dos adornos das rúas. A través de actividades manipulativas e con material natural as crianzas da escola estiveron a realizar durante semanas material para formar parte dos adornos que engalanarían as rúas de Vilar de Santos. 

Dende a escola cremos na importancia da colaboración comunitaria, e por iso, incluímos na nosa programación actividades nas que facer esa colaboración.

Coa visita aos adornos as crianzas poideron ver que os complementos que prepararon para os bonecos de neve estaban adornándoos. Esta é unha boa mostra da realidade colaborativa que a escola fai co entorno.

Pintando os narices dos bonecos de neve
Visita aos adornos do Nadal nas rúas 

Colaboración con outras entidades da comarca da Limia

As crianzas do PAI de Sandiás regaláronnos unhas preciosas estrelas que estiveron adornando a nosa escola e casas.

Mesa de luz e cores

A chegada do Nadal trae consigo a iluminación das rúas e das casas. Todo comenza a estar cheo de cor. Na escola quixemos traballar as cores e a psicomotricidade fina a través dunha actividade manipulativa con sal. Nesta actividade as crianzas ían enchendo as estrelas do cor correspondente.

Instalación de Nadal

Preparar o espazo para que as crianzas manipulen o material e busquen novas posibilidades do mesmo.

Pintura con cores de inverno: tonalidades frías

Nestas idades a consciencia corporal ten unha gran importancia. Para elo en moitas ocasións utilizan partes do corpo para experimentar sensorialmente. Neste caso para realizar a actividade de pintura pinta co pincel a man.